Informe sobre o estado de conservación das rúas de Cuntis: necesitamos mellorar!

Veciñanza vén de presentar no Concello de Cuntis un informe sobre o estado de conservación e mantemento das rúas da nosa vila, froito dunha coidadosa inspección levada a cabo nos últimos meses. A imaxe que ofrecemos componse en boa medida dos pequenos detalles que acotío poden pasar desapercibidos, pero que tanto para o/a visitante como para o/a residente constitúen deficiencias que moitas delas acumulan demasiado tempo sen atender. É por iso que o perfecto estado de conservación do mobiliario urbano ou a limpeza das rúas debera ser unha prioridade para un municipio que pretender tirar proveito do seu potencial turístico. Precisamente a limpeza das rúas vén sendo unha queixa habitual entre veciños/as nos últimos tempos. Cuntis non ofrece a día de hoxe unha imaxe de limpeza óptima, tal e como debera ser obriga do Goberno Local.

estadoconservacionNo informe detállanse as principais deficiencias que deberan resolverse e que, en moitos casos, non requiren grandes investimentos, senón unhas mínimas condicións de mantemento: papeleiras deterioradas, maleza de propiedades privadas que invaden espazos públicos, sinais sucias ou torcidas, farolas con cables á vista ou danadas, beirarrúas con baldosas levantadas ou rotas, multitude de excrementos de can, paneis de obra antigos, etc. Conta, ademais, cun anexo fotográfico no que se poden comprobar moitas das cuestións que se sinalan.

O coidado da imaxe que ofrece a nosa vila é un elemento fundamental no eido turístico, que pasa por ser un dos principais potenciais económicos cos que conta o noso municipio. Desatender os pequenos detalles non axuda a que Cuntis poida lucir en todo o seu esplendor.

Este traballo segue a liña da nosa postura plenamente construtiva e non ten por obxecto facer unha recompilación de defectos, senón un catálogo de prioridades básicas que se poden comezar a atender mañá mesmo. O inventario de deficiencias e a solución das mesmas debera ser tarefa do Goberno Municipal, pero a súa liña continuísta semella tamén que é a dominante neste aspecto. Veciñanza realiza un traballo que vai máis alá da representación institucional, ofrecendo solucións que poidan repercutir no día a día.

A aparencia estética non é unha cuestión secundaria.

Podes consultar e descargar o informe nesta ligazón

Velaquí ofrecemos unha pequena galería de imaxes que serven como anexo fotográfico ao documento:

Share

Tamén pode gustarche...